CRISTÓBAL RODRÍGUEZ, TRIXÉSIMO NO EUROPEO DE PÉNTATLON MODERNO

16 de Xullo de 2013

O galego Cristóbal Rodríguez acabou na trixésima posición no Campionato de Europa de Péntatlon Moderno, que se celebrou estes días en Polonia. O húngaro Adam Marosi acadou o título continental.

O galego foi de menos a máis, xa que comezou cunha regular proba de esgrima, na que ocupou a 35ª posición dos participantes na final, pero na natación foi remontando xa que logrou o décimosegundo mellor tempo. Despois logrou o mellor resultado da final, cun espectacular percorrido na equitación (sétimo), que lle permitiu escalar moitas posicións na clasificación provisional. Pero na combinada afundiuse,  quizais polo esforzo realizado nas probas anteriores, e quedou no 33 posto da combinada. Así, finalizou o Europeo na trixésima posición.

 

Quizáis che interese…