O DOMINGO 21 CELEBRARASE O I TRIATLON POPULAR CONCELLO DE MUXÍA CON DOUSCENTOS PARTICIPANTES

18 de Xullo de 2013

O domingo 21 de xullo celebrarase o I Tríatlon Popular Concello de Muxía no que participarán máis de 200 deportistas. Esta é a primeira proba de tríatlon que se celebrará nesta localidade e a organización apostou por celebrar tamén unha proba de distancias menores.

 O I Tríatlon Concello de Muxía comezará coa disputa da proba mini-sprint ás 11:00 horas. As distancias son de 300 metros en natación, 10 quilómetros e 2,5 de carreira a pe. Posteriormente (12:00 horas) celebrarase a popular sobre a distancia sprint (750-20-5) na que participarán deportistas destacados. A saída, boxes e meta estarán dispostos no Porto Deportivo de Muxía e o percorrido en bicicleta descorrerá por fermosos paraxes á beira do mar.

Na categoría feminina as favoritas son Marta Barbeito (A.D. Fogar) e Carla Castaño (Arcade Inforhouse), mentres que na masculina destacan Emilio José Lousa (Arcade Inforhouse), José Manuel Pardo Leis (Muralla de Lugo), José Manuel Penas (Tríatlon Ferrol) ou Alejandro González (Wild Wolf Cidade de Lugo Fluvial) entre outros.

 

 

Quizáis che interese…