*Por mor dunha procesión no domingo que ocupará varias horas o paseo marítimo de Portosín a proba tivo que ser cambiada de data, pasa para o sábado.
O vindeiro sábado, 10 de Maio de 2014, celebrarase o Cto. Galego de Duatlon Escolar 2014 (ou Final Galega) en Portosín (A Coruña).
Nesta proba poderán participar os/as clasificados/as nas finais provinciais (clasifican os 8 mellores deportistas por categoría e sexo de cada final provincial, así como os dous mellores equipos de cada provincia).
CATEGORÍAS:
BENXAMIN: feminino, masculino, nados nos anos 2005-2004
ALEVÍN: feminino, masculino, nados nos anos 2003-2002
INFANTIL: feminino, masculino, nados nos anos 2001-2000
CADETE: feminino, masculino, nados nos anos 1999-1998