Esta fin de semana o destino de moitos equipos galegos é Alcobendas, onde se disputa o Campionato de España de Dúatlon Contrarreloxo por Equipos, Equipos de Talentos, Relevos e Relevos de talento. Unha fin de semana intensa onde estaremos moi atentos o que acontece nesta proba da Federación Española de Tríatlon.
O sábado día 9 de Abril é o turno para a probas de Contrarreloxo por equipos e por equipos de talento.
Na categoría absoluta feminina a representación galega estará formada por Tri-Penta Terras de Lugo, Tríatlon InforHouse de Santiago, Club Olímpico de Vedra, Náutico de Narón, Cidade de Lugo Fluvial, Tríatlon Rías Baixas e Tríatlon Mar de Vigo. Na categoría absoluta masculina estarán na liña de saída o Náutico de Narón, Tríatlon Compostela, Tríatlon Arteixo, Club Olímpico de Vedra, Tríatlon Ferrol, Tríatlon InforHouse de Santiago, Cidade de Lugo Fluvial, Tríatlon Rías Baixas e Tríatlon Mar de Vigo. Ademáis do Tríatlon Coruña nas probas Open feminina e masculina.
Na proba por equipos de talento tamén temos representación galega con Náutico de Narón, Tríatlon Compostela, Tríatlon Ferrol, AD Fogar, Cidade de Lugo Fluvial, Tríatlon InforHouse de Santiago e Tríatlon Mar de Vigo.
O domingo día 10 de Abril é o turno para as probas de Relevos por equipos e por equipos de talento, onde tamén temos amplia participación galega con Náutico de Narón, Tríatlon Compostela, Tríatlon Arteixo, Club Olímpico de Vedra, Tríatlon Ferrol, Tríatlon InforHouse de Santiago, Tri-Penta Terras de Lugo, Tríatlon Rías Baixas, Tríatlon Mar de Vigo e AD Fogar.
Moita sorte en Alcobendas e boa viaxe.