Dez triatletas galegos (oito sénior e 2 júnior) participarán esta fin de semana na Copa de Europa de Quarteira (Portugal). Esta proba da puntos para o ránking ITU e conta con destacados participantes.
A elite masculina celebrarase o sábado 24 de abril ás 16:30, hora portuguesa. A proba é un tríatlon olímpico (1.500 metros de natación, 40 quilómetros de bicicleta e 10 de carreira a pe) e a natación realizarase na praia. Na categoría masculina a inscrición conta con nomes importantes coma Dorian Coninx ou Simon Viain, habituais das Series Mundiais, ademais dos nosos deportistas. Uxío Abuín, que o pasado ano foi prata, parte co dorsal número 1, mentres que Antonio Serrat –bronce a semana pasada na Copa de Europa de Gran Canaria- lucirá o 5. Ademais, tamén están inscritos Andrés Cendán e Alberto Castiñeira.
Na categoría feminina volvemos contar cunha importante participación galega, xa que están na lista de saída Inés Santiago, Carmén Gómez e Sara Guerrero. A proba celebrarase o sábado 24 a partir das 13:45 (hora portuguesa).
Por último, sinalar que o domingo 25 celebrarase a Copa de Europa júnior, coa presenza de dúas deportistas galegas: Iria Rodríguez e Inés Castaño, que a pasada semana competiron na primeira Copa de Europa do ano, pero na categoría absoluta.
2017. Uxío Abuín logrou a medalla de prata na Copa de Europa de Quarteira do pasado ano nun emocionante final. Pola súa banda, Andrés Cendán (Cidade de Lugo Fluvial) ocupou a 21ª posición, mentres que Alberto Castiñeira (Tríatlon Arteixo) foi 32º.