DEZASEIS GALEGOS PARTICIPARÁN O DOMINGO 8 DE XUÑO EN BARCELONA NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE PÉNTATLON MODERNO

6 de Xuño de 2014

Galicia desprazará a 16 deportistas ao Campionato de España Individual de Péntatlon Moderno, que se celebrará o domingo 8 de xuño en Sant Cugat del Vallés (Barcelona). O obxectivo, aínda que complexo, é igualar os resultados do pasado ano, no que Galicia logrou un total de catro títulos de campión de España.

A proba, que se celebrará no Centro de Alto Rendemento de Sant Cugat del Vallés, comezará ás 08:00 horas e ao longo de todo o día as e os deportistas irán cubrindo as diferentes probas. Os benxamíns, alevíns e infantís realizarán as probas de natación e combinada (carreira e tiro); mentres que os cadetes e xuvenís xa incorporan a especialidade de esgrima e por último, os júnior e sénior, realizarán todas as disciplinas (natación, esgrima, hípica e combinada).

Aroa Freije e Cristóbal Rodríguez tentarán repetir o título do pasado ano, pero seguro que non serán os únicos protagonistas galegos deste campionato, que reunirá a preto de 90 deportistas de toda España.

No ano 2013 Galicia logrou un total de oito medallas (4 ouros, 3 pratas e 1 bronce) no campionato de España Individual de Péntatlon Moderno, que se celebrou o sábado 6 de xullo en Sant Boi de LLobregat (Barcelona). Ademais, hai que destacar que Cristóbal Rodríguez Fidalgo logrou o título de campión de España na categoría absoluta, mentres que Martín Freije (alevín masculino), Andrea Vidal (alevín feminina) e Aroa Freije (cadete feminina) lograron o título de campións de España nas súas respectivas categorías.

Ademais, Galicia logrou, por vez primeira na historia, poñerse por diante de Cataluña, no Campionato de España de Seleccións Autonómicas. Galicia logrou o título nas categorías xuvenil, cadete e alevín, mentres que Cataluña foi a mellor en benxamín e infantil.

 

CAMPIONATO DE ESPAÑA DE PENTATLÓN MODERNO 2014
CAD LÚA VIDAL LAMAS
CAD AROA FREIJE TORNEIRO
CAD YOLANDA RODRÍGUEZ FIDALGO
INF MANUEL SOTELO FERNÁNDEZ
INF JAVIER PENA CUESTA
INF MARTÍN FREIJE TORNEIRO
INF ANDREA VIDAL LAMAS
ALEV ESTEBAN BASANTA FOUZ
ALEV LUCAS PENA CUESTA
ALV MARTÍN PARDO PERNAS
BENX ÓSCAR LÓPEZ SAAVEDRA
BENX MERCEDES VILA VEIGA
BENX CLAUDIA GÁMEZ BENÍTEZ
BENX AINHOA CORRAL GALLEGO
XUV RAÚL BLANCO
ABSOLUTO CRISTÓBAL RODRÍGUEZ FIDALGO

 

Quizáis che interese…

BO NADAL!

BO NADAL!

A Federación Galega de Tríatlon quere desexarvos unhas felices festas e  un próspero...