DIEGO PAZ, QUINTO EN LA COPA DE ÁFRICA DE LE MORNE

27 de Marzo de 2016

O galego Diego Paz acadou esta fin de semana a quinta posición na Copa de África de Le Morne (Islas Mauricio).

Diego estivo sempre nas primeiras posicións. Saíu da auga a só 7 segundos do líder da carreira, Martin Demuth, e na bicicleta formouse un nutrido grupo de deportistas que non permitiu escapada algunha. Así todo tivo que decidirse na carreira a pe, onde logrou impoñerse o canadiense Michael Lori cun tempo de 58:45. A segunda posición foi para o turco Jonas Schomburg a só dous segundos, mentres que o bronce foi para o checo Tomas Svoboda. Diego Paz acadou a quinta posición cun tempo final de 59:13. A proba disputouse sobre a distancia sprint (750 metros de natación, 20 quilómetros de bicicleta e 5 quilómetros de carreira a pe).

 

Resultados Le Morne

Quizáis che interese…