Alexandre Rodríguez e Mónica Alarcón vencen no VIII Duatlón Cros Candeán – Trasmañó

28 de Febreiro de 2023

O pasado 25 de febreiro celebrouse o VIII Duatlón Cros Candeán – Trasmañó, organizado polo Club Mar de Vigo e a Federación Galega de Tríatlon e P.M

A proba discorría nas inmediacións do Parque Forestal do Vixiador de Candeán-Vigo, e consistía en completar un percorrido de 5 km de carreira a pé, 18 km de ciclismo de BTT e 2 km de carreira a pé.

O vencedor da proba foi Alexandre Rodríguez do Club Tríatlon Rianzo, chegando á meta cunha ampla vantaxe respecto ao resto dos competidores e parando o crono cun tempo de 1:14:50. A segunda posición foi para Marcos Mayo, do Tríatlon O Treito, cun tempo de 1:18:16. O podio completouno Roi Álvarez, do Club Deportivo Delikia, realizando o circuito cun tempo de 1:20:58.

Na categoría feminina a vencedora da proba foi Mónica Alarcón, chegando a meta cun tempo de 2:14:15.

Na proba de relevos por parellas masculina, o primeiro posto foi para MYTOPBIKE, equipo composto por Borja Nouche e Francisco Javier Baña, que remataron cun tempo de 1:19:11. O segundo posto foi para MARIÑO, formado polos irmáns Felipe y David Domínguez (1:24:23); e o terceiro foi para MARDEVIGOA, composto por Ricardo Méndez y David Suárez (1:26:58).

Na categoría de relevos por parellas mixtas o equipo KURAIS, formado por María Rocío Fernández e Celso Suárez, chegou en primeira posición (1:36:42). O segundo posto foi para PINARIUMDUALISTAS, relevo formado por María Ángeles Iglesias e Fernando Acuña (1:41:50). O terceiro equipo foi o BLUETEAM, Paula Carballo e Jorge Antonio Álvarez, cun tempo de 1:47:50.

O mesmo día celebrouse tamén unha proba Súper Sprint e unha proba de promoción de menores.
Na proba Súper Sprint (2,5 km carreira – 9 km BTT – 1,3 km carreira), a gañador absoluto foi Miguel Ángel Amoedo (Licenza 1 día), o segundo posto foi para Jorge Castro (Licenza 1 día) e o terceiro para Manuel Rosales (Club Deportivo Pinarium).

Na categoría Cadete masculina:
1º Roque González (Club Triatlon Mar de Vigo)
2º Raúl Naveira (Club Mar de Artabria)
3º Xabier Bautista (Club Deportivo Delikia)

Na categoría Cadete feminina:
1ª Iris Santana (Club Triatlon Mar de Vigo)
2ª María Muñiz (Club Deportivo Delikia)
3ª Aitana García (Club Deportivo Pinarium)

Categoría Xuvenil masculina:
1º Daniel Vieito (Club Triatlon Compostela)
2º Lucas Ribo (Club Triatlon Compostela)
3º Juan Ribo (Club Mar de Artabria)

Categoría Xuvenil feminina: 
1ª Uxía Bautista (Club Deportivo Delikia)
2ª Inés Fernández (Club Mar de Artabria)
3ª Andrea Vivero (A. Polideportiva San Ramón de Vilalba)

Categoría Junior masculina:
1º Andrao Fernández (A. Polideportiva San Ramón de Vilalba)

Na proba de promoción de menores, os vencedores na categoría Prebenxamín foron Maria Benasach (Tríatlon Ferrol) e Fabián Pérez (Club Deportivo Delikia); na categoría Benxamín, Lucía Alvite (Tríatlon Ferrol) e Tadeo Suárez (A.D. Fogar); na categoría Alevín, Aldara Gaciño (Artrogal – Tri 498) e Antón Viña (Club Triatlon Coruña); na categoría Infantil, Alba Porto (Club Mar de Artabria) e Lucas Carrizo (Club Triatlon Mar de Vigo).

 

 

Quizáis che interese…