Convocatoria solicitude participación no Programa de Tecnificación e Rendemento FEGATRI para acudir a COPA DE EUROPA DE QUARTEIRA
A Federación Galega de Tríatlon e Péntatlon Moderno dentro do programa de tecnificación e rendemento 2023, ten establecido o apoio a deportistas con licenza galega pertencentes a clubs galegos de interese federativo, para a súa promoción deportiva nacional e internacional.
Conforme ao anterior e co gallo da celebración da Copa de Europa de Quarteira (Portugal), o próximo 25 de marzo de 2023, ábrese prazo de solicitude para acceder á colaboración para deportistas que estén aceptados/as na lista de inscrición de dita Copa de Europa a través deste programa. A FEGATRI asumirá os costes da viaxe Pontevedra -Quarteira (ida e volta), e a manutención e aloxamento dos días 24 e 25 de marzo dos convocados.