Con máis de 300 duatletas nas diferentes saídas, este domingo celebrouse no Concello de Vimianzo a Primeira Edición do Dúatlon Val da Soneira.
Aída García do Tríatlon Santiago e Asier Calahorra do Tri-Penta Terras de Lugo acadaron a victoria. Por detrás da duatleta do Tríatlon Santiago, entraron María de La Barca Toba e Andrea Iglesias do Cidade de Lugo Fluvial e na categoría masculina, Cristian Muiño do Tríatlon Santiago e Ismael Medard do Tríatlon Arteixo completaron o podio final.
O Tríatlon Santiago na categoría feminina e o Tri-Penta Terras de Lugo na masculina, foron os gañadores da clasificación por equipos.
Na proba supersprint do Circuito Mozo celebrada no Concello de Vimianzo, Ariadna Soto do Tríatlon Ferrol e Lucas García do Tríatlon Compostela foron os gañadores. Noelia Rey do Tri-Penta Terras de Lugo e Sabela Caneiro do Tríatlon Ferrol completaron o podio da proba feminina e Damián Suárez do Natación Cedeira e Pedro Liste do Tríatlon Compostela o da proba masculina.
Unha gran xornada a vivida onte en Vimianzo e que poñe punto e final o Circuito Galego de Dúatlon de Estrada e que rematará o próximo 16 de Abril coa gran final do Campionato Xunta de Galicia de Dúatlon en Pontevedra.
En breve, as clasificacións definitivas do Circuito Galego e as prazas que dan acceso a gran final de Pontevedra.