ELSA PENA, NEREA GARCÍA E ESTEBAN BASANTA NO EUROPEO YOUTH EN KITZBUHEL, AUSTRIA

19 de Xuño de 2019

No Tirol Austríaco, máis concretamente na cidade de Kitzbuhel. Atopanse tres dos nosos triatletas canteiráns para disputar o Europeo Youth. Eles son Elsa Pena, Nerea García e Esteban Basanta.

A competición presenta un formato diferente ao habitual. Pois os triatletas deberán competir primeiramente nunha semifinal. Na que deberan completar 500 metros de natación 12km de ciclismo e 3,3km a pé. Só accederán os 30 mellores de cada categoría á final. Na que nadarán 250m, pedalerán 9km e correrán 2km.

A competición dará comezo maña venres e finalizara o domingo coa disputa dos relevos mixtos. No seguinte enlace tes toda a información da probaYouth kizbuhel

No ano 2008 Iván Raña venciu nas series mundiais de Kitzbuhel e no 2010 Javi Gómez Noya foi segundo. Dende a Fegatri desexamoslle aos nosos xóvenes deportistas os éxitos dos anteriores galegos que competiron na cidade austríaca.

Foto: Federación Española de Triatlón.

Quizáis che interese…