Oferta de Emprego – Director Deportivo

20 de Xuño de 2019

A Federación Galega de Tríatlon e Péntatlon Moderno busca persoa altamente motivada, cun perfil técnico enfocado á planificación e dirección da estratexia deportiva,  para liderar o desenvolvemento do proxecto deportivo federativo, de xeito coordinado coa Xunta Directiva.
POSTO DE TRABALLO
Director Deportivo
DURACIÓN DO CONTRATO
Contratación vinculada ao mandato presidencial para os próximos catro anos.
INTERACCIÓN PRINCIPAL CON:
Xunta Directiva, Deportistas, Adestradores, Clubs, Persoal Federativo e Administracións Públicas
REQUISITOS
– Titulación e Experiencia
• Licenciado ou Graduado en Ciencias da Actividade Física e Deporte
• Adestrador de triatlón Nivel III ou Entrenador Nacional Superior
•Experiencia Técnica acreditada en alto nivel
•Experiencia Docente
– Outros
• Dispoñibilidade plena para traballar de luns a domingo cos correspondentes descansos.
• Capacidade de liderazgo e traballo en equipo
• Capacidade para coordinar actividades con grupos de atletas e adestradores, con boa interacción con ambos.
• Poder de decisión, claridade de pensamento, capacidade lóxica e dinámica de solucións pragmáticas no desenvolvemento de actividades.
• Nivel satisfactorio de idioma Inglés (nivel escrito e oral).
• Coñecementos de ofimática (Word, Excel, Power Point)
• Carné de conducir B1
• Residencia en Pontevedra durante o período de contrato.
FUNCIÓNS
• Definir os valores que conforman o proxecto federativo e transmitilos de xeito efectivo.
• Establecer o plan estratéxico e planificación para o tríatlon galego a medio e longo prazo no ciclo dos próximos catro anos.
• Propoñer os criterios de selección galega para as competicións da tempada.
• Definir e dirixir de xeito coordinado cos técnicos federativos, o adestramento dos grupos de traballo e plans de preparación na Federación e no Centro Galego de Tecnificación Deportiva, ostentando a Xefatura dos adestradores.
• Definir e dirixir os plans de promoción deportiva de base dando soporte a clubs e entidades federadas
• Preparar, defender e xestionar o proxecto deportivo autonómico incluíndo tanto as actividades de preparación e competición coma o orzamento correspondente.
• Coordinar co Departamento de Administración e Competicións a loxística que leva a actividade dos equipos autonómicos
• Propoñer modificacións normativas e actividades necesarias.
• Supervisar o funcionamento da actividade e promover as accións autonómicas, nacionais e internacionais que contribúan ao seu fortalecemento.
• Xefe de Equipo Autonómico en desprazamentos fora da Comunidade. Planificación de suplencia de ser necesario.
• Liderar o equipo de competicións e concentracións de xeito coordinado con adestradores de clubs e deportistas.
•Planificación e dirección da formación federativa
SOLICITUDES
Aquelas persoas interesadas na praza ofertada poderán dirixir a súa proposta, á seguinte dirección de correo electrónico  info@fegatri.org xuntando o seu Curriculum Vitae, acreditacións correspondentes e carta de motivación, ata o próximo 28 de xuño de 2019.

Quizáis che interese…