ESPAÑA, CON INÉS SANTIAGO E ANTONIO SERRAT, CAMPIÓNS DO MUNDO DE RELEVOS MIXTOS JUNIOR/SUB 23

17 de Setembro de 2016

España, con Antonio Serrat e Inés Santiago, acadaron hoxe en Cozumel o título de campións do mundo de relevos mixtos júnior/sub 23.

O equipo español  estivo formado por Inés Santiago, Antonio Serrat, Cecilia Santamaría e David Castro. Nesta competición cada un dos catro compoñentes de cada equipo realizou un mini-triatlon (250 metros de natación, 5 quilómetros de bicicleta e  1,6 quilómetros de carreira a pe) antes de entregar a testemuña ao seu compañeiro de equipo. A galega Inés Santiago foi a primeira en saír e fixo un gran traballo ao dar o paso á Antonio Serrat na segunda posición e a só un segundo de Francia. Serrat non estivo moi cómodo na súa quenda e perdeu algunhas posicións aínda que traballou a fondo para non perder moito tempo. Así, pouco a pouco, os segundos perdidos foron recuperados primeiro por Cecicilia Santamaría e despois por David Castro, que estivo espectacular.

Grandísimo traballo de todos e todas! Campións do mundo nunha especialidade que día a día ten máis adeptos pola súa espectacularidade.

Resultados

Quizáis che interese…

Abu Dhabi e Quarteira

Abu Dhabi e Quarteira

O venres comezaba unha fin de semana intensa seguindo os triatletas internacionais galegos....