ESTA FIN DE SEMANA CELEBRARASE EN FENE A PRIMEIRA PROBA LOCAL DO PROGRAMA XOGADE DE DÚATLON ESCOLAR

9 de Febreiro de 2017

Este domingo 12 de febreiro comezará o programa “Xogade” de Dúatlon Escolar 2017 coa disputa da primeira proba local, que se celebrará en Fene (a partir das 11:00 horas). Nesta proba, clasificatoria para o provincial, están inscritos preto de 230 deportistas das categorías alevín, benxamín, infantil e cadete.

O II Dúatlon Escolar de Fene terá lugar o domingo 12 de febreiro (a partir das 11:00 horas) coa participación de case 230 deportistas. A saída, transición e meta estarán situados en San Valentín (fronte ao Pavillón da Xunqueira).

As distancias son diferentes segundo a categoría. Desta forma, en benxamín as e os deportistas correrán 500 metros, farán 2 quilómetros en bicicleta e correrán 250 metros; en alevín as distancias son de 1 quilómetro (carreira), 4 quilómetros de bici e 500 metros de carreira a pe; en infantil,1,5 quilómetros de carreira, 6 quilómetros de bicicleta e 750 metros de carreira e, por último, en cadete son 2 quilómetros de carreira a pe, 8 quilómetros de bicicleta 1 quilómetro de carreira.

O programa consta de cinco probas locais ou zonais nas que se clasifican os 25 mellores por categoría e sexo para as fases provinciais e aquí lograrán o pase ao Galego os 8 primeiros clasificados de cada categoría, ademais dos dous primeiros equipos por categoría e sexo. “Xogade” está desenvolvido pola Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, en colaboración coa Federación Galega de Tríatlon.

 

Quizáis che interese…