Esta fin de semana celebrarase en Vigo o V Desafío Pastor Illas Cíes e o III Acuatlón Desafío Illas Cíes, cunha participación excepcional que, entre todas as probas organizadas ao redor este evento, suporá case mil persoas facendo deporte. Este ano repite como padriño o pentacampión do mundo, Javier Gómez Noya, aínda que non competirá.
O programa de probas comezará o sábado 23 de setembro (16:15 horas) na praia do Vao coa disputa do III Acuatlón Desafío Illas Cíes, no que están inscritos un total de 90 deportistas das categorías benxamín, alevín, infantil e cadete. As distancias serán diferentes dependendo da categoría: En benxamín os rapaces deberán facer 250 metros de carreira, 100 metros de natación e 250 de carreira a pe; mentres que en alevín as distancias son de 500 metros de carreira, 200 de natación e 500 de carreira. Os infantís farán 1.000 – 400 – 1.000 e as distancias para os cadetes serán de 1.500 – 500 -1.500.
O domingo (a partir das 8:30 horas) terá lugar o V Tríatlon Desafío Illas Cíes, no que están inscritos 450 deportistas. Na proba masculina destacan o gañador do pasado ano Cristóbal Dios (Tri-Penta Terras de Lugo, Juan Francisco Fernández Moldes (Tríatlon Poio), Jacobo Crego (Olímpico de Vedra), Ismael López (Tríatlon Vilagarcía) ou Luis Alberto Paredes (Galaico Pontevedra) entre outros, mentres que na feminina está inscrita a actual campioa desta proba, María Ortega (Bicicletas Pina-Tritoledo), así coma Mónica Mezquita (NoSportLimit), Sara Castillo (TriNort) ou María Jesús Coya (Cidade de Lugo Fluvial).
As distancias nesta proba son 1,9 quilómetros de natación, 90 quilómetros de bicicleta (nun circuíto case chairo) e 21,1 de carreira a pe (do Vao á Samil), nun entorno privilexiado na ría de Vigo. A saída, transicións e meta estarán ubicadas na Praia do Vao.
2016. Na edición do pasado ano proclamáronse campións do IV Tríatlon Desafío Illas Cíes María Ortega (Tri-Penta Terras de Lugo) e Cristóbal Dios (Tri-Penta Terras de Lugo).