Comezou o Mundial de Viveiro con Sudáfrica como o país máis laureado

22 de Setembro de 2017

Comezou o Mundial de Viveiro con Sudáfrica, Gran Bretaña e Exipto mandando na primeira proba de relevos mixtos de Biathle (carreira, natación e carreira), celebrada onte. Sudáfrica encabeza o medalleiro cun total de nove medallas (seis ouros e 3 pratas), con Gran Bretaña na segunda posición (2 ouros, 2 pratas e 1 bronce). Ademais, hai que destacar os catro metais conseguidos pola selección española nesta xornada: Bronce na categoría sénior e máster 50, e dúas pratas en máster 40 e máster 60.

Esta primeira proba do Mundial de Viveiro foi seguida por numeroso público que se achegou a animar aos participantes ata o porto deportivo, a pesar de que o tempo non acompañaba e choveu nalgúns momentos ao longo do día. Así, os afeccionados puideron ver en acción desde os máis pequenos ata os máis veteranos, que ofreceron bo espectáculo e moita emoción.

Na categoría sénior, venceu Francia, coa República Checa en segundo lugar e España (con Catalina Balbín San Miguel e Carlos García), en terceiro lugar. O segundo bronce español, chegou na categoría máster 50, con Noemí Moreno e Manuel Álvarez.

Ademais, houbo dúas medallas de prata españolas nas categorías máster 40 (con Natalia Sánchez e Francisco Javier Carnero) e máster 60 (Begoña García e Miguel Ortiz).

Hoxe celébrase a proba de relevos mixtos de triathle (tiro, natación e carreira).

Seniors

Juniors

Masters 40+

Masters 50+

Masters 70+

U9

U-11

U13

U17

U19

 

Quizáis che interese…

BO NADAL!

BO NADAL!

A Federación Galega de Tríatlon quere desexarvos unhas felices festas e  un próspero...