ESTE SÁBADO 19 CELEBRARASE EN LUGO A COPA DE EUROPA YOUTH DE PÉNTATLON MODERNO

17 de Decembro de 2015

O sábado 19 de decembro celebrarase en Lugo unha Copa de Europa de Péntatlon Moderno youth A e youth B (xuvenil e cadete). Ademais da Copa de Europa tamén terá lugar unha proba open para categorías menores. En total participarán case cen deportistas, dos cales 23 son galegos.

A Copa de Europa desenvolverase nas instalacións municipais de As Pedreiras (piscina, pistas de atletismo e no módulo de atletismo). Na categoría youth A, que comezará ás 08:00 horas, participará Aroa Freije, polo que terá que realizar as probas de natación, esgrima e combinada (tiro e carreira). Esta será a primeira proba da galega da presente tempada, na que espera seguir a súa progresión, sobre todo na esgrima, onde aínda ten importante marxe de mellora.

Na categoría youth B participarán Andrea Vidal (categoría feminina)  e Miguel Méndez, Martín Cando, Javier Pena, Martín Freije e Francisco Prado, que realizarán a competición de natación e combinada.

Ademais da Copa de Europa, celebrarase unha proba de categorías menores (prebenxamín, benxamín, alevín e infantil), co obxectivo de darlle as nosos deportistas unha competición máis na que poderán medirse a deportistas doutras comunidades.

Coincidindo coa Copa de Europa en Lugo, celebrarase a asamblea ordinaria da Federación Española de Péntatlon Moderno.

 

Cristóbal, en París. Por outra banda, sinalar que Cristóbal Rodríguez participará coa selección española absoluta nun mitin internacional en París. O lucense competirá o sábado e buscará un resultado obxectivo para seguir pelexando polo seu posto nos Xogos Olímpicos de Río.

 

 

 

 

Quizáis che interese…