O sábado, 1 de xullo, o triatleta Sub-23, Esteban Bastanta do Cidade de Lugo Fluvial proclamábase subcampión de España élite e campión de España Sub-23 en A Coruña. Xunto a él, Antonio Serrat remataba 3º para cerrar o podio nacional. O vencedor da proba foi o manchego David Castro do EQTR – Rodacal Beyem, quen dominou a competición dende os primeiros metros da carreira a pé.
No Top 10 tamén estiveron dous triatletas galegos. Andrés Prieto do A.D. Fogar chegaba 8º, mentres que Andrés Cendán remataba 9º.
Por clubes, o primeiro posto foi para o Cidade de Lugo Fluvial, segundo posto para o Tríatlon Inforhouse Santiago e terceiro para o Peñota Dental Alusigma.
Na categoría feminina, a tamén Sub- 23, Natalia Castro do Cidade de Lugo Fluvial, lograba a 3ª posición élite e Sub- 23 tras unha increíble remontada na carreira a pé.
A vencedora da proba foi María Casals do Cidade de Lugo Fluvial, seguida de Iratxe Arenal do A.D. Náutico de Narón.
Por clubes, o triunfo foi para o Cidade de Lugo Fluvial, seguido do A.D. Náutico de Narón e do Stadium Casablanca Mapei.
Parabens!
A organización da proba contou co apoio da da Xunta de Galicia, e do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU. Ademáis do Consello Superior de Deportes a través dos “Convenios coas Federacións deportivas para a organización de competicións en materia de promoción da igualdade e inclusión no deporte federado”.