Resolucion Convocatoria Proxectos Plan Corresponsables 2023

4 de Xullo de 2023

Proxectos recibidos e que se presentarán na solicitude de subvención para o seu posterior outorgamento a través de convenios de desenvolvemento cos clubs segundo a contía recibida e aceptqación

AD Náutico de Narón
CN Cedeira
Escola Triatlón Outes
Penta Lugo
Triatlón Cidade de Lugo Fluvial
Triatlón Inforhouse Santiago

 


A Federación Galega de Tríatlon e Péntatlon Moderno ten previsto solicitar  unha subvención para o desenvolvemento do Plan Corresponsables,  cuxas bases se establecen na orde ORDE do 6 de xuño de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, a federacións deportivas de Galicia para o desenvolvemento do Plan Corresponsables a través da realización de actividades de animación sociodeportiva, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento DE402B).

Os clubs interesados en  colaborar  no desenvolvemento deste  plan de corresponsables, coordinado pola FEGATRI,  deberán enviar unha memoria da actividade a realizar cun  proxecto de implementación e desenvolvemento de acordo ás bases anteriores e onde se recolla (descrición, actuacións a desenvolver, cronograma, localidades, horarios, nº de participantes directos estimados, nº de técnicos/coidadores contratados, custe estimado desgrosado, etc.). .

Logos e datos que terán que presentarse no desenvolvemento do plan

O prazo de presentación de proxectos , que se dirixirán a fegatri@hotmail.com,  estará aberto ata o próximo venres, día 30 de xuño ás 14:00 h.

Quizáis che interese…