ESTEFANÍA DOMÍNGUEZ VOA CARA A  VITORIA EN PONTEVEDRA

20 de Xuño de 2015

Gran remontada de Estefanía Domínguez para conquistar o Campionato de España de Tríatlon Sprint nunha disputada competición celebrada baixo unha forte calor esta tarde en Pontevedra.

 

A competición comezaba con Sara Pérez dominando o sector da auga, amosando o seu pasado como nadadora olímpica e saíndo en cabeza do río Lérez, seguida moi de preto por Anna Godoy, e un grupo que incluía a Marta Sánchez, Alonso, Xisca Tous entre outras.

 

Peréz comandou todo o tramo ciclista cun primeiro pelotón integrado por Xisca Tous, Alonso, Godoy. Sara Pérez foi consolidando a súa vantaxe e entraba na lT2 na primeira posición cun amplo marxe sobre o resto. Mentres que o primeiro e segundo grupo perseguidor se fusionaban á entrada á T2.

 

Xa inmersos na carreira a pe, abríase a competición e a pugna polo podio. Nuria Rodríguez e a venezolana Joselyn Brea comezaron o segmento cunha dura pugna, pero Nuria foi perdendo posicións, mentres que a venezolana, que adestra en Pontevedra no Grupo de Alto Rendemento, seguía firma cara ao triunfo final (01:03:59). Por detrás, magnífica remontada de Estefanía Domínguez, quen residiu e adestrou varios anos na cidade galega, que ía remontando posicións para proclamarse campioa de España da modalidade cun tempo de 01:04:18. Medalla de prata para a galega Camila Alonso (01:04:43) e bronce para Anna Godoy. Na clasificación de clubs elite feminina, proclamouse campión de España o Diablillos de Rivas.

 

Mentres, o podio sub23 estaba formado por Camila Alonso, seguida de Godoy e con Laura Gómez na terceira posición. Na clasificación de clubs sub 23, proclamouse campión de España Montilla-Córdoba Tríatlon.

 

Declaracións Estefanía:

 

“É un circuíto moi coñecido para min, xa que vivín e adestrei en Pontevedra durante seis anos. Foi moi especial e déuseme moi ben a carreira a pé e as condicións de hoxe (pola calor) favorecéronme”.

 

 

 

Quizáis che interese…