O pasado 26 de abril organizouse, dentro do Programa Amazonas no que participa o Consello Superior de Deportes, a Fundación Deportes Joven e a Federación Española de Tríatlon, un evento no IES Breamo de Pontedeume que contou coa participación de 80 estudantes de 2° ESO.
O evento consistiu nunha charla, impartida por Marta Barbeito, na que se trataron diferentes temas relacionados co tríatlon e a presenza da muller neste deporte.
Ademáis, organizáronse varias actividades que incluíron transicións, exercicios de habilidades na bicicleta e xogos en grupo.
Esta acción, do mesmo xeito que o resto de actividades do Programa Amazonas, busca promocionar o tríatlon entre os mais novos, fomentar a inclusión e transmitir os valores do deporte.