A Coruña e Ferrol serán sedes do circuíto Pho3nix Kids Triathlon Series by Javier Gómez Noya 2023

26 de Abril de 2023

  • A Coruña e Ferrol únense a Platja D’Aro, Mérida, Madrid, Valencia e Ceuta como sedes do circuíto Pho3nix Kids Triathlon Series by Javier Gómez Noya 2023 
  • As probas, dirixidas ás categorías de promoción pre-benxamín, benxamín, alevín e infantil, desenvolveranse no mismo escenario das probas élite.

O circuíto Pho3nix Kids Triathlon Series by Javier Gómez Noya 2023 parará en Galicia con dúas probas, unha en A Coruña o 1 de xullo, coincidindo co Campionato de España de Tríatlon distancia olímpica, na modalidad de Acuatlón, e outra en Ferrol o 15 de xullo na que colabora a FEGATRI.

 As carreiras están abertas a nenos e nenas de entre 7 e 13 anos e terán carácter non competitivo xa que o que se busca é que os deportistas gocen da experiencia de competir nos mesmos circuítos que as categorías élites e potenciar o noso deporte entre os máis novos. Todo iso contando co pentacampión do mundo, Javier Gómez Noya, como embaixador. 

As inscrición da proba de A Coruña xa está abertas. Podes consultar toda a información, aquí.

Quizáis che interese…