Antonio Serrat logrou unha espectacular quinta posición no Mundial sub 23, que se disputou esta tarde en Rotterdam. O vigués, que estivo sempre moi metido na carreira, logrou entrar no top-5 do Mundial, nunha proba moi dura e esixente.
Pola tarde foi o momento de Antonio Serrat, no Mundial sub 23 onde o nivel era altísimo con triatletas asiduos ás Series Mundiais e con magníficos resultados. Pero o vigués, que chegaba nun gran momento de forma non se achicou e foi moi valente en todo momento.
A natación foi o segmento máis duro para el, pero aínda así non perdeu demasiado tempo sobre os favoritos, xa que todos eles elixiron a mesma zona, que ao final foi a máis complicada polas correntes e os golpes. Saíu da primeira transición no posto 26º, a 47 segundos do líder, pero moi pronto enlazou cos de diante e xa non se soltou. Na primeira volta da bicicleta xa era 15º, a só doce segundos, e na segunda, estaba no grupo cabeceiro, formado por uns 15 triatletas, con todos os favoritos e o equipo francés completo (Montoya, Dorian Coninx, Leo Bérgere). O grupo estivo compacto ata a volta 5, na que os franceses Coninx e Bérgere lograr abrir un pequeno oco duns vinte segundos, que se achicaron a medida que se acercaba á T-2, na que as distancias eran mínimas. Antonio non perdeu aos favoritos de vista, nun circuíto moi técnico e complicado, no que ían a unha velocidade impresionante.
Todo tiña que decidirse na carreira a pe. Dende o inicio foi unha loita a morte, con Montoya, Coninx e o australiano Luke Williams tirando moi forte. Así, Antonio quedou un pouco descolgado no quilómetro 3 e foi facendo voltas nunha cómoda sexta posición que se converteu na quinta ao superar na última volta a Leo Bérgere. O título foi para Montoya (01:41:28), que venceu ao sprint ao seu compatriota Dorian Coninx. Serrat entrou no top-5 cun tempo de 1:52:22.