Luismi Velásquez e Melina Alonso gañan o Trishark de Narón

16 de Setembro de 2017

Luismi Velásquez  e Melina Alonso  proclamáronse hoxe vencedores do Trishark de Narón, no que participaron máis de 130 triatletas.

Na categoría masculino, houbo unha fermosa e apertada loita entre Luismi Velásquez e Carlos Brión, que fixeron á par a proba. Así, todo se decidiu no tramo final da carreira a pe, onde logrou impoñerse Velásquez para chegar a meta como vencedor cun tempo de 1:02:07. A segunda posición foi para Carlos Brión (1:02:19) e o terceiro posto foi para Diego Paz (1:04:47).

Na proba feminina Melina Alonso liderou a proba dende o inicio, sendo a máis rápida na natación e tamén na carreira a pe. Así logrou o primeiro posto cun tempo final de 1:10:29. A segunda posición foi para Zuriñe Rodríguez a 1:12, e o terceiro posto foi para Sara Guerrero (1:12:11).

No documento adxunto tedes todas as clasificacións.

trishark 2017

 

Quizáis che interese…

Abu Dhabi e Quarteira

Abu Dhabi e Quarteira

O venres comezaba unha fin de semana intensa seguindo os triatletas internacionais galegos....