Destacada actuación dos españois na Copa Panamericana de Triatlón ITU celebrada o 16 de febreiro na localidade arxentina de Mendoza, na que Melina Alonso e Fernando Alarza se colgaron a medalla de bronce nas súas respectivas categorías e na que o resto de participantes españois obtiveron notables resultados.
O posto de Fernando ten moito mérito, xa que tivo que recuperar bastante tempo perdido por culpa dunha picada na roda da bicicleta. Pero foi remontando posición ata lograr loitar polas medallas.
Por detrás, hai que destacar os bos resultados dos deportistas do CGTD: A cuarta praza de Nan Oliveras; a quinta dun Ricardo Hernández que permaneceu no grupo dianteiro e se mantivo na loita polo podio durante boa parte da contenda, e Antonio Serrat entraba nunha meritoria sexta posición.
Pola súa parte, Iñaki Baldellou e Diego Paz tiveron que retirarse no transcurso da competición.
Hai que recordar que o grupo de rendemento do Centro Galego de Tecnificación Deportiva iniciou hai una semana unha concentración en Chile á que os triatletas becados en Pontevedra acoden co obxectivo de sumar puntos internacionais en tres probas ITU. A de Mendoza foi a primeira das previstas.