Fernando Alarza estará nos Xogos de Río

18 de Maio de 2016

Fernando Alarza disputará os Xogos de Río este verán. Faltaba a confirmación oficial de algo que parecía evidente, pero o 16 de maio a Dirección Técnica da Federación Española de Tríatlon deu a coñecer o nome dos deportistas que participarán nos Xogos Olímpicos de Río. No equipo masculino xa estaban confirmados Javier Gómez Noya e Mario Mola, e so faltaba o nome do terceiro home que, por resultados, estaba moi claro. Fernando Alarza, deportista do Grupo de Ato Rendemento do CGTD, disputará os Xogos de Río e a partir de agora comezará a prepararse para esta proba.

O equipo feminino español está formado por Ainhoa Murúa, Carolina Routier e Miriam Casillas.

Quizáis che interese…

Galegos con maiúsculas

Galegos con maiúsculas

Antonio Serrat, Susana Rodríguez, Antonio Benito, Cidade de Lugo Fluvial, Pablo Dapena e as...