O deportista do Grupo de Alto Rendemento do CGTD, Fernando Alarza, volve competir nunha proba das Series Mundiais. Este domingo 24 de abril a cita é en Cidade do Cabo (16:30 horas, TVG-2) onde se celebrará a terceira proba do Mundial, co noso deportista coma un dos actores principais.
A proba masculina terá lugar o domingo 24 (16:30 TVG-2) e contará cunha importantísima participación, na que destaca Mario Mola, que lidera a clasificación provisional do Mundial con dous triunfos en dúas probas. Ademais, tamén participarán os irmáns Brownlee, Vicente Luis, que debutará na presente tempada, o mexicano Crisanto Grajales ou o portugués Joao Silva. E, por suposto, o deportista con licenza galega Fernando Alarza, que tentará seguir no podio e manter ese segundo posto na clasificación provisional do Mundial. O pasado ano, Alarza foi quinto en Cidade do Cabo e Gómez Noya, prata.
A proba de Cidade do Cabo (Sudáfrica) celebrarase na distancia sprint, é dicir, 750 quilómetros de natación, despois realizarán 20 quilómetros de bicicleta e finalizarán cunha carreira a pe de 5 quilómetros. Será a primeira proba das Series Mundiais que se desenvolva sobre a distancia sprint.