RAÚL BLANCO DISPUTARÁ MAÑÁ A COPA DE EUROPA JÚNIOR DE PÉNTATLON MODERNO DE ALEMAÑA  

22 de Abril de 2016

 

O galego Raúl Blanco disputará mañá a Copa de Europa Júnior de Péntatlon Moderno de Alemaña, que se celebrará en Bonn. O noso deportista foi convocado pola Federación Española de Péntatlon Moderno para esta proba.

 

A competición celebrarase mañá día 23 e non haberá semifinal, polo que os deportistas realizarán a totalidade das probas (esgrima, natación, hípica e combinada). É unha interesante proba para o noso deportista, xa que terá a posibilidade de medirse a grandes pentatletas para así mellorar o nivel competitivo nas grandes citas.

 

Quizáis che interese…

BO NADAL!

BO NADAL!

A Federación Galega de Tríatlon quere desexarvos unhas felices festas e  un próspero...