O pasado domingo, 9 de xullo, Sara Guerrero disputaba a final da Copa do Mundo de Tiszaujvaros (Hungría), unha competición composta por dúas semifinais e unha final en formato sprint. A galega rematou no 19º posto.
A gañadora foi Tilda Mansson (SWE), seguida da española Noelia Juan e Jolien Vermeylen (BEL).
Doutra banda, Iván Puentes e Xoel Rodriguez viaxaron a Larache (Marruecos) para participar na Copa de África Premium que se celebraba nesa cidade. Iván Puentes foi 21° e Xoel Rodriguez non puido rematar debido a problemas mecánicos na bicicleta.
O vencedor da proba foi o español Nan Olivera, seguido de dous españois máis, Ángel Sánchez e Juan González.