Fin de semana de formación de oficiais en Galicia- Xornadas de Actualización de Oficiais 2023 e Parte Presencial do Curso de Oficial N1

3 de Febreiro de 2023

A primeira fin de semana de febreiro, xornada sen competición, dedicarase á formación e actualización de oficiais en Santiago. Por unha banda o sábado celebrarase no Hotel Santiago Apostol a actualización e formación continua dos oficiais con licenza en vigor e por outra o domingo, coa colaboración do Tríatlon Inforhouse Santiago a quen dende a FEGATRI agradecemos a posta a disposición do local do seu club e material imprescindible para levar adiante a acción formativa presencial do curso Oficial N1,  para complementar a formación de novos oficiais que xa atenderon e foron aptos nas tres xornadas online previas. Unha vez rematada a parte presencial restaralle a estes aspirantes a realización de tres prácticas tutorizadas en competición.
————————————————-

XORNADAS DE RECICLAXE E ACTUALIZACIÓN DE OFICIAIS 

Data: Sábado, 4 de febreiro de 2023
Hora: 9:30 a 13:30
Lugar: Presencial e online- Sala de zoom 
INSCRICIÓN
Formulario de google
 
PROGRAMA
– Avaliación tempada 2022
   * Valoración da tempada. Revisión e actualización de Procedementos.
– Revisión de regulamentos. Cambios  e actualización.
– Planificación da tempada  2023.
    *   Probas Menores
     *  Longa Distancia
     *  Probas  Autonómicas
     *  Probas Nacionais
     * Probas internacionais
 
O Comité Galego de Xuíces e Oficiais convoca xornada  de actualización  para oficiais,  de cara á actualizar e revisar procedementos e reglamentos para enfrontar a nova tempada 2023 na que Galicia conta cun amplo calendario autonómico e grandes eventos nacionais e internacionais. A complexidade para enfrontar con garantías de seguridade técnica e o desenvolvemento das probas de Tríatlon en Galicia,  implica unha  actualización e formación continua por parte do equipo. Sendo   imprescindible revisar e axustar os procedementos e formas de actuar de cara a por en valor o traballo do colectivo no desenvolvemento do noso deporte, poder afrontar estes campionatos e responder aos mesmos con garantías, calidade e rigor.
Esta xornada é aberta, non só para os oficiais que se atopan con licenza na tempada, senon para quen pertenza ou teña pertencido a este colectivo e poida ter interese en actualizar o seu coñecemento ou aportar puntos de vista ao colectivo.
———————–
XORNADA PRESENCIAL CURSO OFICIAL NIVEL1 DE TRIATLÓN- SANTIAGO DE COMPOSTELA
Data: Domingo 5 de febreiro de 2023
Horario: 9:30 A 13:30-
Localizacion : Estadio Vero Boquete- San Lázaro-  Local Inforhouse Santiago-
Vista previa de la foto

Quizáis che interese…