Carballo, sede da final
Despois de 4 probas clasificatorias achégase o día da final galega do Nada e Corre. Será o próximo domingo 18 de decembro en Carballo e reunirá aos 174 deportistas clasificados en cada proba zonal.
As categorías que participan van dende prebenxamín ata cadete, realizando diferentes distancias adaptadas a cada idade.
A competición dará comezo as 10:00 no Complexo Deportivo Carballo Calero coas probas de natación. Máis tarde, as 11:45, terán lugar as probas da carreira a pé nas inmediacións do Complexo Deportivo.
Unha vez completadas as dúas disciplinas, sumaránse os tempos para coñecer a clasificación final.
Ademáis da proba individual, a final conta cunha proba de remudas mixtas, de igual funcionamento ca proba individual, na que compiten seis deportistas, dous de cada categoría. O obxectivo desta iniciativa é promover o traballo en equipo e o compañeirismo entre os deportistas mais novos.