Antonio Serrat, Susana Rodríguez, Antonio Benito, Cidade de Lugo Fluvial, Pablo Dapena e as xovenes promesas do Tríatlon Galego, foron os galegos con maiúsculas esta fin de semana.
As series Mundiais de Tríatlon voltaban despóis dos meses de parón a Yokohoma. O Triatleta galego Antonio Serrat acodou a posición 11 e segue na loita por acadar o Campionato do Mundo. Na proba de paratriatlon, a galega Susana Rodríguez segue na misma liña co ano anterior, gañando a súa proba.
No Campionato de España de Media Distancia celebrado en Pamplona, o Triatleta do Cidade de Lugo Fluvial, Antonio Benito, conseguía a segunda posición nun proba moi competida, onde o seu clube Cidade de Lugo Fluvial tamén facía segundo na proba por equipos.
O Triatleta galego Pablo Dapena aproveitou o seu adestramento de cara aos próximos obxetivos para disputar a VI Sailfish Lanzarote Open Water, acadando a segunda posición na proba de 3,8 kilómetros de natación.
Os rapaces do Centro de Tecnificación deportiva de Pontevedra desprazáronse ata Alicante para o clasificatorio de Tríatlon das súas categorías.