GALICIA ACADA SEIS MEDALLAS NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE PÉNTATLON MODERNO DE CATEGORÍAS MENORES

28 de Maio de 2016

Galicia acadou un total de seis medallas (tres ouros, dúas pratas e un bronce) no Campionato de España de Péntatlon Moderno de categorías menores, que se celebrou hoxe en Santander coa organización conxunta das Federacións Galega e Cántabra. Ademais, Raul Blanco proclamouse vencedor da proba Open.

Así proclamáronse campións de España Claudia Gámez Benítez (alevín feminino), Ainhoa Prado Valiño (infantil feminino) e Bruno Magdalena Rodríguez (prebenxamín masculino). As subcampioas foron Mireia Vázquez Liz (prebenxamín feminino) e Andrea Vidal Lamas (cadete feminino), mentres que o bronce foi para Ariadna Romero Santos (alevín feminino).

Ai que destacar a participación de Raul Blanco fóra de concurso no campionato de España, pero que se proclamou vencedor da proba open. Así, grazas a magnífica puntuación acadada, o galego gañou a praza para acudir ao campionato de Europa Júnior.

 

Quizáis che interese…

BO NADAL!

BO NADAL!

A Federación Galega de Tríatlon quere desexarvos unhas felices festas e  un próspero...