GALICIA LOITARÁ POR ESTAR NO PODIO NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE MEDIA DISTANCIA

13 de Xuño de 2014

O Campionato de España de Media Distancia celebrarase o sábado 14de xuño en Buitrago del Lozoya (Madrid) cunha participación total de máis de cincocentos deportistas (elite, grupos de idade e paratriatlon).

Na proba elite feminina participarán as galegas Aída Valiño (Cidade de Lugo Fluvial), Noelia Mora (Tri-Penta Terras de Lugo) e Belén Lemat (Cidade de Lugo), mentres que na masculina Galicia contará con catro participantes: Gustavo Rodríguez (Wild Wolf Cidade de Lugo Fluvial), Cristóbal Dios (Arcade Inforhouse), Jesús Gomar (Cidade de Lugo) e José Manuel Pardo Leis (Galaico).

Os percorridos desta durísima proba son de 1,9 quilómetros de natación, 74 quilómetros de bicicleta e 21 quilómetros de carreira a pe.

Na proba de elite masculina (12:00 horas) participarán un total de 71 deportistas. Gustavo, que o pasado ano foi prata, está dando o salto a media distancia, e con bos resultados. Hai tres semanas logrou o triunfo no tríatlon de media distancia de Bilbao. Xunto a el estarán Cristóbal Dios, Jesús Gomar e José Manuel Pardo Leis (campión galego de media distancia).

A proba feminina comezará so cinco minutos máis tarde e nela só estarán tres galegas (Aída Valiño, Belén Lemat e Noelia Mora), nun total de 23 participantes. Aída tivo que retirarse o pasado ano do Campionato de España cando ía na primeira posición por culpa dunha escordadura de nocello, e nesta oportunidade espera render ao máximo nivel sen problemas físicos.

Ademais, haberá grupos de idade, con case 450 participantes, e unha proba de paratriatlon.

No campionato de España de media distancia do ano 2013, Gustavo Rodríguez foi prata, mentres que Aída que foi liderando a proba nos dous primeiros sectores, tivo que retirarse por culpa dunha escordadura de nocello.

Quizáis che interese…