GALICIA PARTICIPARÁ ESTA FIN DE SEMANA EN SORIA NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE PÉNTATLON DE CATEGORÍAS MENORES

12 de Xuño de 2015

Galicia desprazará a 14 deportistas ao Campionato de España de Péntatlon Moderno de categorías menores, que se celebrará esta fin de semana en Soria. O sábado terá lugar o campionato de España escolar e o domingo o campionato de España de categorías menores.

 

No torneo escolar, que se celebrará o sábado, só se disputarán as probas de natación e atletismo, que se celebrarán na piscina Ángel Tejedor e nos Pajaritos. En principio, está prevista a participación de preto de 200 deportistas das categorías benxamín, alevín, infantil e cadete.

 

O domingo terá lugar o Campionato de España de Péntatlon Moderno das categorías menores coa participación de aproximadamente 80 deportistas. Os benxamíns, alevíns e infantís realizarán as probas de natación e combinada (carreira e tiro); mentres que os cadetes xa incorporan a especialidade de esgrima.

 

Galicia presenta un equipo competitivo no que destacan Martín Freije, Claudia Gámez e Andrea Vidal, que o pasado ano se proclamaron campións de España. No 2014, en San Boi de Llobregat, nestas categorías Galicia acadou tres ouros, dúas pratas e tres bronces.

 

 

Selección Galega Péntatlon Moderno
Benxamín Iván Rego Tri-Penta Terras de Lugo
Alevín

 

Germán Álvarez Zalaeta 100 Tolos
Gabriel Mella Zalaeta 100 Tolos
Oscar López Tri-Penta Terras de Lugo
Alejandro Vázquez Tri-Penta Terras de Lugo
Claudia Gámez Tri-Penta Terras de Lugo
Ainhoa Corral Tri-Penta Terras de Lugo
Infantil Andrea Vidal Tri-Penta Terras de Lugo
Martín Freije Tri-Penta Terras de Lugo
Martín Pardo Tri-Penta Terras de Lugo
Martín Cando Tri-Penta Terras de Lugo
Miguel Méndez Tri-Penta Terras de Lugo
Cadete Manuel Sotelo Tri-Penta Terras de Lugo
Francisco Prado Zalaeta 100 Tolos

 

Quizáis che interese…