GALICIA PROCLAMOUSE CAMPIOA DE ESPAÑA DE TRÍATLON POR AUTONOMÍAS TRAS GAÑAR A PROBA DE RELEVOS

19 de Xullo de 2015

Galicia proclamouse hoxe en Almazán (Soria) campioa de España de Tríatlon por Autonomías, tras lograr o triunfo na proba de relevos mixtos.

IMG-20150719-WA0001A proba de hoxe era decisiva, xa que Galicia chegaba como líder, pero so cun punto de vantaxe sobre Andalucía. E esta loita entre os dous equipos tamén se veu reflectido na proba de relevos. Dende o inicio foi un man a man cos andaluces, polo que estaba claro que o combinado que lograra o triunfo, sería o campión de España. Os equipos están formado por dous chicos e dúas chicas e as distancias son de 300 metros de natación, 6,7 quilómetros de bicicleta e 2 de carreira a pe.

O primeiro relevo galego foi realizado por Melina Alonso, que entregou a testemuña a Alberto Castiñeira na primeira posición, aínda que coa representante de Andalucía moi preto. Alberto perdeu esta posición de privilexio e deu o paso a Camila Alonso na segunda posición, a uns 30 segundos de Andalucía. Pero a deportista do Tríatlon Ferrol fixo unha grande remontada e recuperou o primeiro posto, para entregar a testemuña a Abraham Castellanos primeira cuns poucos segundos de vantaxe. Castellanos deu o máximo nesta última quenda e logrou aumentar a distancia para garantir así o triunfo e o título para Galicia no Campionato de España de Tríatlon por Autonomías.

Desta forma, Galicia proclamouse campioa co triunfo nas probas da categoría feminina e de relevos mixtos, mentres que logrou a terceira posición na categoría masculina.

O podio definitivo quedou formado por Galicia como campioa de España, Andalucía na segunda posición e Madrid, na terceira.

 

 

Quizáis che interese…

Montreal

Montreal

Montreal acolle unha nova cita das Series Mundiais e o Campionato do Mundo Junior de Tríatlon....