GÓMEZ NOYA LOGRA O BRONCE E FERNANDO ALARZA É SÉTIMO EN  GOLD COAST

11 de Abril de 2015

Javier Gómez Noya e Fernando Alarza   continuan acadando bos resultados nas Series Mundiais 2015. Hoxe,  na terceira proba do Mundial, celebrada en Gold Coast (Australia), Gómez Noya logrou subirse ao podio, no terceiro chanzo, mentres que Fernando Alarza foi o sétimo en meta. Con estes resultados, Javier é o segundo na clasificación provisional do Mundial e Alarza, cuarto.

No segmento de natación Richard Varga foi o domiñador claro, como sucede case habitualmente. Por detrás del estaban Jonathan Brownlee e os rusos Dmitry e Igor Polyanskiy, mentres que os españois (Gómez Noya, Alarza, Mola e Vicente Hernández) estaban un pouco máis retrasados.

Así houbo que traballar moito na bicicleta, porque o cuarteto cabeceiro impuso un altísimo ritmo que lle permitía aumentar as distancias sobre os grupos perseguidores. Por momentos, a cabeza chegou a ir con case un minuto de distancia sobre os perseguidores, pero cando entraron na T2, a distancia era duns 20 segundos.

Quedaban dez quilómetros de carreira a pe nos que se decidiría todo. Pero Jonathan non esperou. Atacou tan pronto saíron da área de transición e iniciou unha marcha en solitario ata o triunfo. E por detrás estalaba a guerra, con catro españois (dous deles galegos) coma protagonistas: Mario Mola, Javier Gómez Noya, Vicente Hernández e Fernando Alarza. Enseguida alcanzaron aos rusos e Varga e comezou a loita polos postos do podio. Mario Mola, moi cómodo, decidiu atacar e ir en busca de Jonathan Brownlee, mentres que por detrás Javi, Vicente e Richard Murray tiñan que pelexar polo bronce. Mario, co mellor tempo da carreira a pe, quedou na segunda posición a só 18 segundos do británico, que foi ouro, mentres que o galego catro veces campión do mundo logrou un meritorio terceiro posto. A cuarta posición foi para Vicente Hernández e a sétima para un Fernando Alarza, que conseguiu  volver colarse entre os primeiros dunha Serie Mundial, amosando que o seu progreso é evidente.

Trala terceira proba das Series, Jonathan Brownlee é o líder da clasificación provisional,  Gómez Noya é segundo e Alarza está situado na cuarta.

wts_triathlon_org_results_result_2015_itu_world_triathlon_go

Quizáis che interese…

Abu Dhabi e Quarteira

Abu Dhabi e Quarteira

O venres comezaba unha fin de semana intensa seguindo os triatletas internacionais galegos....