O galego Javier Gómez Noya foi distinguido co premio do Comité Olímpico Español ao Mellor Deportista do 2015.
O ferrolán foi galardoado en recoñecemento a unha espléndida tempada 2015 na que Gómez Noya conquistou o quinto título de campión do mundo, converténdose no único triatleta en acadalo. Xunto ao galego, a xogadora de bádminton Carolina Marín, tamén foi condecorada pola súa inmellorable tempada co premio á Mellor Deportista deste curso.