O tricampión do mundo Javier Gómez Noya chegou esta noite a Vigo coa medalla que lle acredita como campión do mundo 2013.
No aeroporto de Peinador, a pesar das horas, esperaban ao deportista galego, ademais da súa familia, o presidente da Federación Galega de Tríatlon, Francisco Villanueva; o director técnico da Federación, Luis Piña, e varios técnicos e deportistas (Antonio Serrat, Susana Rodríguez, Alba Cuba,…) , que quixeron felicitar ao triatleta galego máis galardonado.