GRAN ACTUACIÓN DOS CLUBES GALEGOS NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE AVILÉS.

2 de Abril de 2019

Quince eran os clubes galegos que se desprazaron ata a cidade asturiana de Avilés para disputar o Campionato de España de Dúatlon contrarreloxo por equipos e o Campionato de España de Dúatlon por relevos.

O sábado 30 douse o pistoletazo de saída a un intenso fin de semana de carreiras coa disputa da proba contrarreloxo por equipos en idade escolar. En categoría masculina o Triatlón Ferrol foi o mellor dos clubes galegos con un cuarto posto. En categoría feminina chegaría o primeiro podio con representación galega da man do Club Tríatlon Cidade de Lugo Fluvial e a A.D. Náutico de Narón que remataban segundas e terceiras respectivamente. O Arcade inforhouse de Santiago firmaba un oitavo posto, que completaba un top ten con tres clubes galegos. Na tarde do sábado era a quenda dos duatletas elite. As rapazas da A.D. Tripentas Terras de Lugo facíanse cun posto no podio ao rematar en terceira posición seguidas do Cidade de Lugo Fluvial. En categoría masculina o Cidade de Lugo Fluvial foi o mellor dos nosos alcanzando a quinta posición.

O prato forte do fin de semana para os nosos clubes viría o domingo coa disputa da proba por relevos. En categoría escolar masculina o Cidade de Lugo Fluvial era sexto e o Triatlon Ferrol noveno. En categoría feminina o Cidade de Lugo fluvial faciase coa victoria, A.D. Náutico de Narón eran terceiras, e o Triatlon Ferrol sétimas. Para finalizar a competición era o momento das probas elite, donde dous equipos galegos pisarian o máis alto do podio da man do Cidade de Lugo Fluvial en categoría masculina e a A.D. Tripentas Terras de Lugo en categoría feminina completaron o top ten galego as rapazas da A.D. Náutico de Narón en sétima posición e Cidade de Lugo fluvial décimas. Noraboa!

A presencia galega en Avilés non se ceñiu só a deportistas e adestradores. Xa que un grupo de oficiais galegos estivo velando polo bo desenvolvemento da competición.

144eddd9 b453 472b b932 42f2b13ff140

Podes comprobar as clasificacións no seguinte enlaceFETRI AVILES

Quizáis che interese…