O pasado sábado día 9 daba inicio á 2ª xornada das Ligas Nacionais de Clubes de Duatlón da Federación Española de Triatlón en “La Nucia, a Cidade do Deporte”.
Sábado 9 e domingo 10… 2 días con tres xornadas centrais nos explosivos campionatos de España de Duatlón SuperSprint por Clubes, SuperSprint por Clubes 2×2 e Relevos Parellas, con 1500 dorsais entregados a duatletas.
O sábado ás 9:00 da mañá iniciaba a 1ª división masculina e feminina para disputar o Campionato de España de Duatlón SuperSprint Relevos/Parellas onde os equipos galegos triunfaron por todo o alto.
Nas rapazas o Náutico de Narón rematou na 1ª posición e o Cidade de Lugo Fluvial na 6ª, mentres que nos rapaces o Cidade de Lugo Fluvial logrou a 1ª posición e o Club Triatlón Ferrol rematou na 13ª. Na 2ª división masculina hai que destacar a 4ª posición do Club Triatlón Infrohouse de Santiago, a 9ª posición do A.D. Náutico de Narón e a posición 14ª do Club Triatlón Arteixo.
Os resultados completos do Campionato de España de Duatlón SuperSprint Relevos/Parellas
pódense consultar aquí.
O sábado pola tarde, arredor das 17:00, comezou o Campionato de España de Duatlón SuperSprint por Clubes feminino e masculino.
Temos que destacar a 6ª posición do Cidade de Lugo e a 12ª posición do Triatlón Ferrol. Na 2ª división, o Club Triatlón Inforhouse Santiago subiuse ao podio na 3ª posición, o Náutico de Narón na 7ª posición e o Club Triatlón Arteixo rematou na 15ª.
As clasificacións completas do Campionato de España de Duatlón SuperSprint por Clubes pódense consultar aquí.
Na xornada do domingo 10 celebrouse o Campionato de España de Duatlón SuperSprint por Clubs 2×2.
Todos os resultados dos campionatos do domingo pódense consultar aquí.
Os galegos fixeron un bo traballo para pechar o fin de semana… Na 1ª división masculina, o Cidade de Lugo Fluvial conseguiu o 2º lugar do podio e o Triatlón Ferrol a posición 13ª.
Na 1ª división feminina, o Cidade de Lugo Fluvial obtivo a 3ª posición e o A.D. Náutico de Narón a 4ª.
Na 2ª división Nacional Masculina hai que mencionar o 3º posto do Club Triatlón Inforhouse de Santiago, a 9ª posición da A.D. Náutico de Narón e a 13ª posición do Club Triatlón Arteixo. E nesta mesma división, o equipo feminino do Club Triatlón Inforhouse de Santiago conseguía a 4ª posición na clasificación.
Un gran fin de semana para os equipos galegos que se verán de novo en Soria os próximos 27 e 28 de abril nos campionatos de España de Duatlón Contrarreloxo Equipos e Relevos.