A Comisión Delegada da Federación Galega de Tríatlon e Péntatlon Moderno, reunida por medios telemáticos sala de zoom, o martes, 24 de marzo de 2024 ás 19:30 h. tomou os seguintes acordos en relacion á orde do día:
1.- Modificacións de calendario
- 7 xullo- XXXV Tríatlon do Miño- Proba do Circuíto de Tríatlon de Estrada
- 14 de xullo- Triatlón Cidade de A Coruña- Tríatlon de Menores e Súper Sprint (CD/XV/JN)- Cancélase a proba de circuíto de estrada.
- 1 de xuño- Tríatlon Cidade de Vigo- Cancélase a proba de circuíto e queda só o Tríatlon de Menores e Súper Sprint (CD/XV/JN)
2.- Modificacións Regulamentarias
Acórdase que nas probas que figuran como NON competitivas, non se realice ningunha clasificación ou toma de tempos , de cara a que estas sexan totalmente lúdicas como o seu nome indica e fomenten a participación.
3.- Rogos e Preguntas
Infórmase da situación das probas nacionais e internacionais a realizar en Galicia esta tempada e nas próximas e dos pasos que se están dando en cada unha.
Levántase a sesión ás 19:50 h.