GRAN PRESENZA GALEGA NA COPA DE EUROPA DE TRÍATLON DE BANYOLES

24 de Xullo de 2014

Galicia estará moi presente na Copa de Europa de Triatlón de Banyoles, que se celebrará este domingo 27 de  xullo na localidade catalá.

 A proba feminina será a primeira en celebrarse, ás nove da mañá, coa participación de María Ortega (deportistas do grupo de Alto Rendemento do CGTD). Caeu da inscrición a ferrolá Melina Alonso, porque sufriu unha caída adestrando e aínda que xa volveu ao traballo, decidiron non forzar na súa reincorporación ás competicións.

Na categoría masculina (12:00 horas), destacada presenza de triatletas galegos: Uxío Abuín, Jesús Gomar, Nan Oliveras, Antonio Serrat, Pablo Dapena, Ricardo Hernández e Diego Paz. Jesús Gomar está nun bo momento de forma: A finais de xuño foi segundo na Copa de África de Larache e a pasada fin de semana ocupou a sétima posición na Copa de Europa de Ginebra, polo que espera seguir na mesma liña. Ademais, Antonio Serrat está a facer unha tempada espectacular, con medallas a nivel internacional (prata no Europeo júnior de tríatlon e prata no Mundial de duatlón), e tamén buscará un bo resultado na elite.

A proba celebrarase sobre a distancia curta (1.500 metros de natación, 40 quilómetros de bicicleta e 10 de carreira a pe) e discorrerá por uns paraxes espectaculares, en torno ao lago de Banyoles (o máis grande de Cataluña).

Quizáis che interese…

Abu Dhabi e Quarteira

Abu Dhabi e Quarteira

O venres comezaba unha fin de semana intensa seguindo os triatletas internacionais galegos....