O galego Gustavo Rodríguez (Wild Wolf Cidade de Lugo) tivo moi mala sorte no seu debú na longa distancia, no Campionato de España que se disputou hoxe en Callela (Barcelona). O deportista, que se atopaba moi ben, sufriu unha picada na bicicleta cando aínda estaba a comezar o segmento de bicicleta, e aínda que aguantou moitos quilómetros así, finalmente decidiu cambiar a roda e continuar a carreira ata o final, a pesar de encontrarse descualificado polo cambio da roda. O galego encontrouse moi ben na natación e ademais antes da picada xa lograra alcanzar ao grupo de cabeza na bicicleta, pero este contratempo acabou coas ilusións de Gustavo.
A Gran Final das Series Mundiais está aquí!!
O próximo 19 e 20 de outubro, terá lugar en Torremolinos, (Málaga), a Final das Series Mundiais de...