GUSTAVO RODRÍGUEZ E MARÍA MARTÍNEZ, GAÑADORES DO I TRIATLON CONCELLO DO PORRIÑO

25 de Maio de 2013

Gustavo Rodríguez (Wild Wolf Cidade de Lugo) e María Martínez (Club Atletismo Porriño) proclamáronse vencedores da primeira edición do Tríatlon Concello de Porriño, que uniu as localidades do Porriño e Tui. A proba foi unha verdadeira festa e destacou por unha exquisita organización, a altura de calquera grande evento internacional.

Onde non houbo sorpresas foi no resultado deportivo. O tudense Gustavo Rodríguez (Wild Wolf Cidade de Lugo) partía coma o principal favorito e cumpriu os prognósticos ao chegar a meta na primeira posición e sendo o único dos participantes que foi quen de baixar da hora no tempo da proba (58:55). En segunda posición, Lucas Escaneo (Tríatlon Morrazo) cun tempo de 1:01:11 e terceiro foi José Manuel Pardo Leis (Muralla de Lugo, 1:02:16).

Na categoría feminina, houbo triunfo local da man de María Martínez, nacida no Porriño, que enfrontaba a carreira con moita ilusión e logrou unha cómoda vitoria (1:13:58). Detrás de ela, a moita distancia, Blanca Lavandeira (Mar de Vigo, 1:15:34) e na terceira posición,  Lorena García (Mar de Vigo, 1:16:00).

Unha das novidades desta proba é o feito de que une a dúas localidades para poder cumprir o soño de celebrar un tríatlon no Porriño. O I Tríatlon Concello de Porriño comezou na localidade de Tui, coa celebración do segmento de natación (750 metros) no río Miño; o sector de bicicleta (20 quilómetros) realizouse entre as ambas localidades, e o segmento de carreira a pe (5 quilómetros) descorreu polo casco urbano do Porriño.

Pola mañá, celebrouse un mini tríatlon no que participaron 33 nenos de entre 6 e 10 anos acompañados dun adulto. Ambos os dous tiveron que nadar 25 metros na piscina municipal, a continuación percorrer en bicicleta 700 metros e, finalmente, correr a pé 300 metros. A proba non tiña carácter competitivo polo que houbo medallas e agasallos para todos os participantes, que foron entregadas polo alcalde do Porriño, Nelson Santos e o concelleiro de Deportes, Manuel Alejandro Lorenzo.

 

Quizáis che interese…