GUSTAVO RODRÍGUEZ, MELLOR DEPORTISTA DE TUI

28 de Novembro de 2014

Gustavo Rodríguez foi elixido coma o mellor deportista de Tui do ano 2014, no transcurso da III Gala do Deporte de Tui, que se celebrou o venres 28 de novembro no Teatro Municipal de Tui.

O deportista non puido recoller o galardón, xa que se atopa en México, onde disputará esta fin de semana o Ironman de Cozumel. Así que no seu nome, foi Aída Valiño a que recolleu o premio e agradeceu o recoñecemento da súa vila.

Noraboa para o deportista!

Quizáis che interese…

Galegos con maiúsculas

Galegos con maiúsculas

Antonio Serrat, Susana Rodríguez, Antonio Benito, Cidade de Lugo Fluvial, Pablo Dapena e as...