Gustavo Rodríguez acadou a sexta posición no Campionato de Europa de Tríatlon de Longa distancia que se disputou o sábado en Almere (a 27 quilómetros de Amsterdam) nun día moi frío e con choiva.
O tudense non fixo unha boa natación, polo que quedou por detrás dos 20 primeiros. Tocaba remontar e iso foi o que fixo Gustavo. Tivo moi boas sensacións na bicicleta, o que lle permitiu recuperar posicións e rematou cunha boa maratón, que o levou ata a sexta posición cun tempo final de 08:19:09. Proclamouse campión de Europa o británico Joe Skipper.