O CAMPIONATO DE ESPAÑA DE TRÍATLON DISTANCIA OLÍMPICA CELEBRARASE ESTA FIN DE SEMANA EN VALENCIA

8 de Setembro de 2017

Valencia acollerá esta fin de semana (9 e 10 de setembro) o Campionato de España de Tríatlon na distancia olímpica cunha bo representación das e dos deportistas galegos que tentarán loitar polos primeiros postos da clasificación. Na lista de inscritos hai importantes ausencias, e tamén de galegos, xa que algúns deportistas se reservan para o Mundial da vindeira semana en Rotterdam.

A proba de elite e sub 23 feminina celebrarase o domingo 10 de setembro ás 10:15 horas e na mesma estarán destacadas triatletas galegas, coma Melina Alonso, Sara Guerrero ou  Carla Castaño. Sara Guerrero, que estivo lesionada varios meses, volve con moita forza e ganas de facer un bo papel. Falta, entre as favoritas, Camila Alonso, centrada no Mundial sub 23 da próxima semana.

 A proba masculina comezará ás 13:15 horas do domingo e na saída contaremos con Uxío Abuín, Pablo Dapena  ou Alberto Castiñeira, pero haberá destacadas ausencias, coma a do deportista do Grupo de Alto Rendemento do CGTD, Fernando Alarza, que é o actual campión de España, ou Antonio Serrat, ambos centrados en Rotterdam. As distancias neste campionato son de 1.500 metros de natación, 40,6 quilómetros de bicicleta e 10 de carreira a pe.

 

Resultados 2016. O pasado ano Galicia volveu amosar o seu dominio no tríatlon español. No Campionato de España de Tríatlon na distancia olímpica 2016, que se celebrou en Banyoles, catro deportistas da Galega lograron colocarse entre os sete primeiros, con Fernando Alarza como campión de España e Pablo Dapena, bronce. Ademais, magnífico traballo de Uxío Abuín (5º) e Antonio Serrat (7º). Na categoría feminina, Camila Alonso foi sexta no Campionato de España absoluto e prata na categoría sub 23, mentres que Sara Guerrero logrou entrar no top-ten, coa novena posición.

 

 

Quizáis che interese…

O Anillo Cáceres

O Anillo Cáceres

Esta fin de semana celébrase no Anillo (Cáceres) as competicións nacionais e internacionais de...