O pasado sábado, 18 de marzo, celebrouse o XX Dúatlon Cidade de Santiago, así como o XXIII Dúatlon Escolar de Santiago.
A competición discorría nas inmediacións do Estadio Municipal Verónica Boquete (San Lázaro) e ata alí desprazáronse un gran número de duatletas.
Na proba Sprint, clasificatoria para o Campionato Galego de Dúatlon, o vencedor na categoría absoluta masculina foi Gustavo Santiago do Club Tríatlon Poio cun tempo de 57:47, seguido de David González do Cidade de Lugo Fluvial (58:23) e de Carlos Bautista da A.D. Náutico Narón (58:38).
Por categorías, as clasificacións foron as seguintes.
Categoría Junior:
1º Carlos Bautista (A.D. Náutico Narón)
2º Sergio Franco (A. Polideportiva San Ramón de Vilalba)
Categoría Sub23:
1º David González (Cidade de Lugo Fluvial)
2º Dennis Incutti (A.D. Náutico de Narón)
3º Pedro Liste (Club Tríatlon Compostela)
Veteráns 1:
1º Jacobo Crego (Tríatlon Inforhouse Santiago)
2º Nicolás Domínguez (A.D. Náutico de Narón)
3º David Cutrín (Club Tríatlon Compostela)
Veteráns 2:
1º Pio Iglesias (Club Tríatlon Compostela)
2º Roberto Sousa (Artrogal – Tri 498)
3º Jose Eugenio Ledo (Club Deportivo Delikia)
Veteráns 3:
1º Julio Díaz (Club Deportivo Delikia)
2º Humberto Gallidoro (Club Deportivo Delikia)
3º Jose Manuel Rodríguez (Club Atletismo Porriño)
Por equipos:
1º A.D. Náutico de Narón
2º Tríatlon Inforhouse Santiago
3º Club Tríatlon Poio
Na proba absoluta feminina, o triunfo foi para Andrea Iglesias do Cidade de Lugo Fluvial (01:09:29). O segundo posto foi para Silvia García do Artrogal – Tri 498 (1:11:47) e o terceiro para Gabriela Quintas do Club Olímpico de Vedra (1:13:41)
Categoría Junior:
1ª Gabriela Quintas (Club Olímpico de Vedra)
2ª Andrea Iglesias (Club Olímpico de Vedra)
Categoría Sub23:
1ª Iria Fernández (A. Polideportiva San Ramón de Vilalba)
2ª Uxía Fernández (A. Polideportiva San Ramón de Vilalba)
3ª Antía González (Tríatlon Inforhouse Santiago)
Veteranas 1:
1ª Margarita Villaverde (Artrogal – Tri 498)
2ª Beatriz Barroso (Artrogal – Tri 498)
3ª Natalia Lorenzo (Club Tríatlon Compostela)
Veteranas 2:
1ª María Elena Miguens (Club Olímpico de Vedra)
2ª Maria Ángeles Iglesias (Club Deportivo Pinarium).
Por equipos:
1º Artrogal – Tri 498
2º Tríatlon Inforhouse Santiago
3º Club Tríatlon Poio
Na mesma xornada organizouse tamén unha das probas do circuito Supersprint dirixida aos deportistas das categorías cadete, xuvenil e junior, así como unha proba Supersprint popular para todos aqueles que quixesen participar.
Categoría Cadete:
1- Carmen Rábade (Cidade de Lugo Fluvial) e Michel Nuñez (A.D. Fogar)
2- Mariña Esmoris (A. Poliderportiva San Ramón de Vilalba) e Pablo Lestón (Club Ciclista Muros)
3- Marta Pereira-Borrajo (Club Deportivo Delikia) e Aarón Crende (Cidade de Lugo Fluvial)
Categoría Xuvenil:
1- Ainara Pita (Club Tríatlon Ferrol) e Iago Prada (Club Hércules Termaria)
2- Candela Sánchez (A.D. Náutico de Narón) e Hugo Goiriz (Club Tríatlon Ferrol)
3- Paula Castro (Cidade de Lugo Fluvial) e Nicolás Lousada (Tríatlon Inforhouse Santiago)
Categoría Junior:
1- Ainoa Gontán (Tríatlon Inforhouse Santiago) e Brais Picón (Tríatlon Inforhouse Santiago)
2- Sabela Caneiro (Club Tríatlon Ferrol) e Gonzalo Cao (Tríatlon Inforhouse Santiago)
3- Lucía Sánchez (Club Natación Cedeira Muebles García) e Francisco Bellas (Club Natación Cedeira Muebles García)
Por clubes, o primeiro clasificado foi o Tríatlon Inforhouse Santiago, seguido da A.D. Fogar e do Tríatlon Ferrol.
Na proba Supersprint popular, o vencedor na categoría masculina foi David Pérez (Licenza 1 día), mentras que na feminina o primeiro posto foi para Lara Castro (Tríatlon Inforhouse Santiago).
A xornada de competición non rematou aquí, xa que Santiago acolleu tamén o XXIII Dúatlon Escolar de Santiago (clasificatorio provincial) para os deportistas das categorías benxamín, alevín, infantil e cadete inscritos no programa XOGADE.
Na categoría benxamín os gañadores foron Cecilia Benasach (Escola Javi Gómez Noya – Tríatlon Ferrol) e Gabriel Nogueira (Club Tríatlon Compostela).
Na categoría alevín o triunfo foi para Irene García (Club Natación Cedeira Muebles García) e Antón Viña (Clube Tríatlon Coruña).
Na categoría infantil, primeiro posto para Lucía Ageitos (Natación Ribeira) e Miguel Castro (Olímpico de Vedra).
E na categoría cadete, Daniela Rama (Inforhouse Santiago) e Oscar Alberte (A.D. Fogar) foron os vencedores.
A proba foi organizada polo Tríatlon Inforhouse Santiago, xunto con Concello de Santiago e a Federación Galega de Triatlón e PM.
Resultados Dúatlon Sprint
Resultados Dúatlon Supersprint
Resultados Dúatlon Escolar