Acordos Comisión Delegada da Federación Galega de Tríatlon e Péntatlon Moderno (22 de marzo de 2023)

23 de Marzo de 2023

A Comisión Delegada da Federación Galega de Tríatlon e Péntatlon Moderno, reunida por medios telemáticos sala de zoom, o mércores 22 de marzo de 2023 ás 20:00 h. tomou os seguintes acordos en relacion á orde do día:

1.- Calendario Oficial. Modificacións

Aprobanse unha vez expostas e debatidas as seguintes modificacións de calendarios

Cancelación de probas.- 20/5/2023 TRIATLON SOLIDARIO DE NEGREIRA / 20/5/2023 ACUATLON DE NIGRAN (CPTO GALEGO) / 25/06/2023 ACUATLON PROMOCIÓN NORTHWEST

Modificación de data e ratificación.- 20/8/2023 TRIATLON DE MENORES DE PONTEAREAS/ 1/4/2023 DUATLON ESTRADA VIMIANZO/ Dúatlon Escolar de Valdoviño (30/4/2023)  pasa a celebrarse a Final provincial ao 29/4 /2023 en Cedeira co Visto bo da SXD.

Novas probas.-

  • 26/03/2023 Cpto Galego de Péntatlon Moderno- Lugo/  4/08/2023 ACUATLON TRISHARK (PROMOCIÓN).
  • DÚATLON ESCOLAR PROVINCIA DE LUGO- 5/3/2023 VILALBA/ 25/3/2023 A ULLOA/ MONTERROSO / 29/4/2023- XERMADE FP
  • DUATLON ESCOLAR PROVINCIA DE OURENSE.-  FINAL PROVINCIAL EN OURENSE O 16/4/2023
  • DUATLON ESCOLAR PROVINCIA DE PONTEVEDRA.- FINAL PROVINCIAL – MARÍN- Informase da proposta do AD PINARIUM para a súa organización co visto bo da SXD (Delegación Pontevedra) pendente de confirmar data

Outras probas– Informase da situación do Cpto Galego de Triatlón de MD “Desafío Isclas Cies” . Acórdase conceder o prazo de 15 días á organización para concretar o seu desenvolvemento ou cancelación, delegando na Xunta Directiva a posibilidade de outorgar a As Pontes o título no caso de cancelación ao ser a única proba de Media Distancia no calendario.

2.-  Regulamentación-Avaliación da situación actual da competición. Propostas de medidas correctoras. Circuíto de Tríatlon. Outras probas

Exponse a situación  actual de competición de inscricións no dúatlon e do circuíto de Tríatlon onde  o número de probas agora mesmo non daría para confeccionalo, tendo só unha proba clasificatoria e o Cpto Galego habería que novamente tocar a regulamentación de clasificación. Proponse  que dadas as  dificultades organizativas  para facer fronte á organización destes eventos e a baixada nas inscricións  ver de facer unha excepción solicitada por algún organizador recollendo a posibilidade, cando poida ser útil, da realización dunha única carreira con saída masculina e feminina a 10 minutos tal e como se fai coa saída rápida e saída feminina.

Acórdase, valoradas as opcións,  modificar o artigo 6.5 a) do regulamento oficial de competición para facer unha excepción para a tempada,  quedando redactado do seguinte xeito

“6.5) As probas destes circuítos serán clasificatorias para o Campionato Galego da modalidade.

  1. a) Nas probas de circuíto haberá sempre unha proba saída feminina e outra masculina, separadas o tempo regulamentario necesario para garantir unha disputa xusta da competición por ambos xéneros.”

Apróbase, en relación ao anterior,  incluír no Circuíto de Tríatlon a proba  GP  de Triatlón da Pobra o 14 de maio de 2023

3.- Asemblea Xeral 13 de abril. Informe de situación contable 2022. Plan Viabilidade

O presidente informa do peche das contas 2022 para presentar á Asemblea Xeral de 13 de abril,  e o  plan de viabilidade coa rebaixa nos gastos de persoal, comunicación e asesoría  de cara ao peche de 2023 en positivo de acordo ao orzamento aprobado.

4.- Rogos e preguntas.- Non habendo rogos e preguntas a maiores levántase a sesión ás 20:55 h.

 

Quizáis che interese…